jueves, 31 de diciembre de 2009

Equilibrio

Estado dun corpo cando forzas atopadas, que obran nel, compénsanse, destruíndose mutuamente,situación (do mismo corpo) que se mantén sen caerse, harmonía entre cousas diversas, ecuanimidad, mesura, sensatez nos actos e xuízos, prudencia ou astucia, encamiñados a soster a situación insegura e dificultosa.

Que Disney che regale un anaquiño de cine familiar, que durante 365 días ou máis sosteñas o corpo, compensándote, que non permitas ablación sen berrar forte, que teñas a dita de fortalecerte en tí, que a dignidade sexa posible sen configuración do pc, que o maltratador te deixe probando lencería sin dimitir en ti, que che regalen un sorriso mentras (sen crueldade) algo morre sen opinión, que os quebracabezas esixan unha resolución sen trampas, que o lixo, sen reciclar, abone os téus días limpos. Que non che luxen o corazón.

Canción: Quiero aprender de ti (Canto del loco)

QUE O EQUILIBRIO TE SOSTEÑA, SIN ATERRIZAXE FORZOSO.

viernes, 18 de diciembre de 2009

Intro, de Paradela a Baamonde



Onte estiven en Paradela, a recoller o accésit en poesía que me concederon. Mencionar que aparte dos nervos(tembrores xerais por ler en público), todo foi moi agradable con xente entregada, agradecida e agarimosa. O meu poema "Eles non saben", recitado ante o persoal,  foi agasallado con unhos aplausos que me puxeron as meixelas coloradas. Sorprendinme gratamente de unha nova poetisa de 20 anos, chamada Alba Cid Fernández, de Ourense, que me encheu o corpo de bolboretas:

NAI
que me contas como debo cantarme
neste preludio de anos medios abertos,
como alentar neste repertorio de ausencias impostas,
como axeitarnos, en fin, o vimbio mollado_da vida_
ao antollo dos dedos.

Para mín, o aplauso máis grande do meu estar. Felicidades, feitiña.

De volta(algo que tiña prometido) parei no Restaurante Galicia de Baamonde, de onde xurde entre a néboa un home de pelo e barba branca que me leva da man a épocas medievais. Chámase, Xoán Corral, rexenta unha casa de comidas(con moita sal) onde todos nos convertemos en amigos- amantes -veciños de vidas sen ocultamentos. Unha persoa nobre, doce, humán e bondadosa. Pronunciando, frente á lareira e mesas cargadas de mexillóns e polbo, verbas sen complexidade, das que nacen de un nómada sen propinas, nin obligacións. Da alma, diría eu.(Xan tacharame de espiritualidade relixiosa). Non pretendo derrocar a ruidosa enfermedade silente do mundo, proclamo, sen defraudar, que a morriña sen piano son uns ollos pequeniños negros que che falan de poesía nun simple e mundano bar de aldea. Quedei en ir ás dez e media,en punto,  calquer sábado, para visualizar en directo o seu espectáculo sen fronteiras. Son de palabra e irei, sen dúbida, para contaxiarme algo da súa maxia natural, poética e riseira. Poño unha foto do seu rostro(ainda que sen movemento perde moito). Reza na súa tarxeta o dito: "Cando nacín en Galicia, chamábanme neno rico, como ía a ser pobre, nacendo nun paraíso".




Quero, dentro do meu mundo pequeniño e sen ruído, lembrar a Aminatu Haidar, sen ofensiva diplomática,sen xestións gubernamentais, sen dimisións. Unha miudiña faragulla, polos dereitos humáns, no medio de unha montaña grande de lixo sen reconversión posible.

LETANIA
Perdín o fío da conversa
calei,
quédame preto
e para sempre
o meu silencio.

miércoles, 9 de diciembre de 2009

4 comentarios, 3 promesas, 2 preguntas e 1 poema

C. Nesta ponte viaxei a Cantabria. Suances, Santillana del Mar, San Vicente de la Barquera, Comillas, El Soplao,Cabárceno etc. Inmensidade de paisaxes sen rotura, remedios naturais para a somnolencia e cansazo da rutina sen inspiracións.
C. Quédame na retina Cabárceno, onde os animais en libertade son exemplo de rentabilización de recursos naturais aproveitando o que nos é dado, adiestrándonos sen estudos nin patriotismo, para cultivar as artes da natureza de unha forma tolerante, humana e moral interna.
C. Santillana del Mar sorprendeume como unha fada, deume ganas de quedarme alí a vivir, sen representacións turísticas, adormecida naquela ténue luz e beleza de pedra sobre pedra. En xeral, o misterio dos barrancos sen fin e Gaudí cos xirasoles, as covas cheiñas de misterios e recunchos ancestrais onde só se escoita a música dos silencios.
C. O do pantalón vaqueiro e camisa branca non me visitou. Cando os días son limpos, ás noites dúrmese coma unha ruliña.

P.Revisar a cámara de fotos antes de sair a unha viaxe  de paisaxes sen pérdidas.
P. Volver a Santillana del Mar.
P.Tentar subir e baixar os costentos espacios naturais sen palidecer de angustia.

.¿ Os medos e temores que arrastramos a todo aquelo que non podemos controlar: espacios cerrados, voar, navegar, alturas, etc,.. conforman a nosa personalidade axustándonos a persoas fráxiles e acomplexadas?
.¿Vencelos axudaría a medrar, estabilizarse e potenciarse como ser individual ?

NO ESPELLO

Unha longa viaxe, ata chegar ó espello.
A forza de non mirarme, esquencinme
de ter rostro, pernas, tetas, sexo..
Unha invisible muller de inverno
co fastío de folla de outono.
Gozo en silencio, do reflexo do cristal!
Un xesto de lindosa intensidade
loucura e serenidade
Imnegable necesidade de vivir.
¡Quero estar sempre dobre no día!
e non ter ocos baleiros no chan.

lunes, 30 de noviembre de 2009

Filosofía Zen Galaica

Cando sexa grande quero ser filósofa. Poder ter unha teoría das ideas como Platón, duas realidades (da que sen dúbida me quedo coa sensible), defender que o conocemento limítase a experiencia de Kant, ter dudas como Descártes, entender esas creencias en Deus onde se impón o silencio ou a castración de pensamentos individuais, inundándose de medos e pecados. A mín gústame Epicuro de Samos, a súa visión da amizade como un dos mellores praceres da vida "Gozar, saber e compartir", chegando ós sentimentos e sensacións de unha forma natural, tranquilidade do ánimo ou ataraxia. Ainda que me gustaría crear una "Filosofía Zen Galaica" mezclando un pouco de todas as filosofías para chegar a entender o mundo, ou quizais a mín mesma. Non creo que sexa fácil...pero hasta que medre moito non serei grande. Ademais, xa me olvido de ser bailarina, filosofar é máis doado. Qué ilusa! É tan complicado a danza contemporánea e a expresión corporal, a min que só me gusta o Reguetón.

EU
Os meus versos, son imperfectos
nas formas, nas rimas, no tempo.
Son anxos libres do meu pensamento
cambiantes e doloridos.
Facendo sonetos, son epicúrea
teño nos ollos o goce
e nos dedos o saber e o sentimento.
A miña amizade, un estrondo.
O meu quérote impronunciado
no miradoiro pechado do anoitecer
onde nacen os soños, a miña espera
e eu soño co querer.

jueves, 26 de noviembre de 2009

Espertares con esclavitude

"No hay nada más acertado para dar la vuelta al fundamentalismo que la música, los instrumentos y la cultura".

Jorge Drexler

O da camisa branca e pantalón vaquero, menciona (a modo de introducción), que sinte cansancio de esperar a oscuridade para facerse sentir.

Eu só lle digo:

Non eres musulmán, nin negro, nin ventre de alquiler, nin pobre, nin rico. Nin siquiera tes que suxeitar o téu traballo para vivir. Non tes que opinar sobre a violencia de xénero, política, Alakrana, gripe A. Eres da xeneración dos solidarios. Algo liberador, apetecible. No harmonio, engaiólasme. A túa inocencia sen desgusto é como unha larpeirada, sen facer diarios nin afirmacións de vida.

Que privilexio ser un fillo da noite! Os días fanse interminables e sempre te espero, cada noite, con un bico de agradecemento.

http://www.youtube.com/watch?v=_6VS_R6lrtk

lunes, 16 de noviembre de 2009

Mar-río

Mientras todos duermen, apoyándose en la pared, en el frío
A
sistes a la preñez de mi cuerpo, sin simbología de costumbres.
R
enaces mis zonas erógenas,diagnosticando mis falsas autonomías
I
mponemos sentir con estilismo de crisis, sin frustraciones.
O
clumancia con pensamientos desvirgados a tiempo.Sin castidad.

Con la R que sobra, Recobremos la suma de mentes adormecidas, para crear
despiertas mentes incivilizadas, con inquietas esquinas.



En este tortuoso día de contradicciones y puzzles inacabados....
http://www.youtube.com/watch?v=ALcJWC8aMxw

viernes, 6 de noviembre de 2009

Érase unha vez...a vida en rosa

ASPIRINA, ATARAX, VINCIGRIP, FRENADOL,
AMBROXOL, MOTILIUM, BISOLVON,
EFFERALGAN, DALSY...
Consulte o seu farmacéutico

Pregúntolle:
¿Cal me aconsella para o/a alma?
Teñoa cansa, famenta, ausente, aterida,….

(silencio)
(manifestación de no ter resposta)

Encollo os ombros e marcho polo camiño,
pola rúa de volta a non sei onde.

.....................

Volto ó día seguinte.
Levo unha morea de libros,
unha enchenta de música.

Só digo:

Agasalle ós enfermos cunha ilusión
unha palabra,
unha canción.

martes, 3 de noviembre de 2009

QUIXEN QUERER

Quixen rachar o vento
facer da neve area
querer e quererte
coller unha cometa
amarrarte
facer da noite un amancer
e do día unha aventura
recorrer camiños de auga
e nadar na terra escura
Quixen...
deter o soño da néboa
abrazar a loucura.

jueves, 29 de octubre de 2009

Deíxame soñar contigo

Abro o xornal, hoxe-coma-onte, teño ganas de escoitar os soños, perduran neles unha camisa branca e un pantalón vaquero, ós que vou enchendo de rostros e mans, diferentes, para mirarme e tocarme, para mirar e tocar. Segue a investigación de Castro de Rey, Garzón anda por Cataluña entre corrupcións que estoupan, morre a primeira muller que estivo o fronte do Banco de España, Feijoo entre as caixas, Esperanza Aguirre fronte a Caixa. O da camisa branca invítame a cear, beber albariño fresco e pasear polas rúas entre albañiles, sen levantamentos obreiros. Sen control nin zonas prohibidas. O monte Gaiás, creando o edificio da cultura máis noxento e menos cultural, Rajoy sen poder frente ós derrotados sen escrúpulos do propio partido, Zapatero que rí pouco e sen ganas (nótaselle), Berlusconi sobornando a quen opte por levarlle a contraria,a trama Gürtel,guerras, guerras onte-coma-hoxe. O do pantalón vaquero dame bicos sen quitar a camisa. Aloumíñame con versos sen ruptura, capacitándome a transición da saliva. Cóntame suavemente a caída das fronteiras. Nas páxinas de cultura Michael Jackson de novo vivo con "This Is It", Isaac Díaz Pardo recollendo a Medalla de ouro das Bellas Artes e un Sorolla que costa moitos cartos. Quita a camisa e o pantalón, encoiro danme ganas de roubarlle o corazón. Sen condenas, o espertar, hoxe-coma-onte é como se non dormira..paso as noites reciclando o lixo dos días, sen parentes pero na tua compaña. Quérote cada noite.

miércoles, 28 de octubre de 2009

Recital poético

O Xoves 29 de outubro,na xornada de homenaxe a Xohana Torres, recitarán no Pazo de Raxoi, na praza do Obradoiro de Cospostela, Chus Pato,María Xosé Queizán, María do Cebreiro e Lupe Gómez. Será unha tarde de lecer...poéticamente cálida.

Sempre nos queda
ser o que leva a onda:
a núa liberdade,
o modo de entregarse.

Xohana Torres

sábado, 24 de octubre de 2009

Unha explosión de tenrura

Enlace a entrevista publicada por Galicia Hoxe, na que Lupe Gómez, camiña polos meus adentros con moito cariño, sensibilidade e aprecio. Grazas
Copiar, pegar no navegador.


http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=86&idNoticia=479917

domingo, 4 de octubre de 2009

Sobra-amar



Fún facendo sucos
labrando porvenires
Dime:¿Sabes camiñar por enriba do tempo?
Cando...sobra amar


Xuntamos, unha man con outra
o corazón, preto dos nosos corpos
amamos, amantes
a necesidade de amar,
imperiosa, solidaria.
Tí lúdico, perverso
eu calada i en calma
esperando rematar
este acto da semana.
Non tes perxuizos
cando de sexo se trata
coa mente tranquila,
a min, sóbranme bágoas.

martes, 29 de septiembre de 2009

Son as doce

Entro nos 43 anos cheiña de versos sen comas nin paréntesis nin puntos suspensivos Con locura in-transitoria e cordura acordada Anos como intervalos Emocións pensadas Sin bendicións

miércoles, 23 de septiembre de 2009

CANCION DE CHEL

Get this widget |Track details |eSnips Social DNA


Ás veces, só ás veces...os poemas necesitan ser recitados, sen voz vólvense miudiños,esquencidos, sen esquinas.

lunes, 21 de septiembre de 2009

Precisamente...

-¿Usted no encuentra, pues, odioso, despreciable, que una mujer abandone a su marido y a sus hijas para seguir a un hombre cualquiera, del que nada sabe, ni siquiera si es digno de su amor? ¿Puede usted realmente excusar en una mujer que, además, no es ya una jovencita y que siquiera por amor a sus hijas hubiese debido preocuparse de su propia dignidad?.-

Así luce la contraportada de "veinticuatro horas en la vida de una mujer", un libro que me ha regalado Lupe para mi cumpleaños,de Stefan Zweig. Sólo esta introducción me basta para ratificarme en mis ideas, nada cambiantes,de lo que significa una burla al amor en todas sus manifestaciones. Mujeres y hombres, que a cada aventura le colocan la palabra "necesidad de", obviando sus integridades como seres racionales, individuales y capaces. Sobra decir, que el amor, nada tiene que ver con salir corriendo. El amor...no requiere premura, sí sentimiento.

Puedes irte o quedarte
puedes incluso
amarme
pero
no
APRISIONAR
las-palmas-de-tus-mis-NUESTRAS-manos.

http://www.youtube.com/watch?v=W75NGuYAQkQ

miércoles, 16 de septiembre de 2009

¡AH NON!

De súpeto, na sombra da noite
asombreime
do sopor dos teus ollos
e tí, asombrácheste
dos meus beizos carnosos.
¡Cómo iamos saber,
asombrándonos
que a nosa linguaxe
era outra!

viernes, 28 de agosto de 2009

sms

Yo te enseñaría a amar sin tregua y sin cansancio, amiga cómplice de palabras que dibujan sensaciones. Con tus manos, que construyen gestos, caricias y en ellas, visibles universos intangibles sólo perceptibles a la unión con otras manos.

viernes, 19 de junio de 2009

Pretty Woman

Onte emíteuse na Tv1 a película Prety Woman, por enésima ou máis veces. Segue a batir récords de audiencia(sobre todo entre as mulleres). É curioso. Nos tempos nos que o discurso diario é ser amigos, sen complicacións,independientes, sen futuros compartidos arrasa unha película na que un home increiblemente millonario, guapo, acertado e con maneiras rescata da rúa a unha prostituta. Namóranse, quedan xuntiños e bicándose nunhas escaleiras, despois de vencer él (por amor) o medo as alturas. Fascinante e pouco enriquecedor. Non hai guión, nin fotografía nin siquera unhos bons actores , soamente o argumento , que move o subconsciente. Os americanos teñen un don que é de facernos creer nos contos de princesas atoalladas. Quizais podamos cavilar un pouco nesto porque ou decimos o que non pensamos ou pensamos cousas diferentes as que damos a ver. En calquer caso algo non cadra. ¿ Hipócritas? ¿farsantes? ¿inmolámonos? ¿despotricamos sen escoitarnos?. Eu que pensaba que as mulleres xa case estaban liberadas!

lunes, 18 de mayo de 2009

Benedetti...

Onte deuseme por chorar, unha forma de manter limpo o nervio ocular. Contan que os ollos se poñen máis bonitos e brillantes(eu mireime ó espello e tíñaos como abrótegas) .Ó espertar chego á oficina, dime María José: Morreo Benedetti. Penso"hoxe non teño bágoas ,vertinas onte(sen saber por quen), bágoas perdidas, para que os ollos reluzcan. Sinto ó mesmo tempo un nudo na gorxa, recreando aqueles tempos (tan lexanos en tempo, en formas, en estares) que non esquezo
e adoito lembrar con moita morriña. Escoiteino por primeira vez moi xovenciña, musicalizado por Paco Ibáñez. Dende o primeiro intre non quixen reservar do mundo só un lugar tranquilo, quixen facer un trato, que me quixeran sendo máis de dous, que tiveran urxencia de oirme estando jodidos e radiantes e vivecersa, quixen que Dios fose muller, para que me abrazasen,ser a imaxe presente en Corazón coraza, ser tamén a súa táctica e a súa extratexia e o seu lado oscuro do corazón, o seu rostro dentro da soledad tan concurrida que amosaba e morrer de amor, morrer de amor de vos."las nostalgias se van, queda la noche". ¡Es tan poco lo que conoces de mi.!.. que quixera adicarche un poema de Neruda, para ler na última despedida. "Puedo escribir los versos más tristes esta noche.".. que rimen coa nobreza da tua alma.

martes, 12 de mayo de 2009

Antonio Vega..(Nacha Pop)

Fallece hoxe os 51 anos de idade a causa de un cancro de pulmón (podería ficar por mil cousas) pero elixe facelo como unha alma en pena,máis , do tumulto. Admiro a súa obra, admiro a súa sensibilidade a través da arte da poesía con música. Os seus concertos mezclados con vestimentas diferentes, olores e ollos en outra dimensión formaron parte das noites escondidas, que permanecen e están sempre en algún recuncho(eu diría nobre). Estou triste. Recordo "Tesoros""La chica de ayer""Tuve que correr""Entre tú y yo""Días que no volverán" "Murmullo en tus manos""Vapor" e a súa desordenada habitación con Enrique Urquijo. Os meus bicos de cores e de luz hoxe para él...¡Parece que deixo atrás un mundo onde pechar os ollos e sentir era tan doado!
http://www.youtube.com/watch?v=-qxuL09I4-w

jueves, 7 de mayo de 2009

A esta hora...café con Lupe Gómez

Con cariño para a poetisa Maribel, a miña irmá, a miña amiga…

“A poetisa encerrada en corpo de muller”

Ela era unha muller gris e melancólica e de repente, un día, descubreu que ela tiña dentro unha poetisa encerrada nunca cárcere. Deixou sair fora á poetisa, e púxose a brincar. Ela descubreu que podía falar e ser escoitada, descubreu que as palabras teñen música clandestina. Ela debuxou un poema na barriga iluminada da lúa. “quero ter unha hortiña chea de frores, berzas, caracois, mapoulas, tomates, carareis”. Ela coñeceu nun caminño de sombras a un poeta que se chama Pablo Neruda. Cando a poetisa se botou a pacer nos prados, a muller melancólica recupeou o sorriso que deixara abandoado nun caixón onde gardaba todas as súas mortes. Apagou a televisión, o aparello máxico no que gardaba todos os silencios, todas as tormentas, todas as vagoas. Escribeu un poema nas enrrugas da noite: “vexo a carne fosforita que aposta por sair da miña cintura, roxe e acanea como as ondas encabuxadas da praia da Coruña”. A poetisa decideu andar sen sostén nas tetas. A muller gris tiña uns fermosos ollos verdes e era tan alta como a torre de Hércules. A poetisa díxolle a unha amiga: “cando abro os xornáis nas páxinas de cultura sempre aparece a foto de Fernán Vello”. A amiga riu. A poetisa estivo toda a súa vida atada de mans e pernas. Algunhas vidas parecen dictaduras. As 8 vou a oficina. As 2 fago a comida. Pola tarde tamén vou á oficina. Polas noites estou tan cansa que meto a cabeza no lavavaixelas. As mulleres que votan o PSOE teñen 3 ou 4 empresas. Ela aprendeu a debuxar: “Tento construir coas miñas mans aneis de auga…”. Agora a muller rota reconstruiu o espello e non se perde ningún recital e ningunha conferencia. Onde se fala de literatura alí está ela. Parece que o seu corpo se converteu nunha patria. A literata tiña cheos de feridas os dedos dos pés. Polas tardes a poetisa abandona a súa gaiola de ouro e conversa con Rosalia de Castro e Antonio Machado. Non é doado desenclavar o corazón cando está tan preso. O mar ten moita fame e necesidade de comer poetisas…