jueves, 31 de diciembre de 2009

Equilibrio

Estado dun corpo cando forzas atopadas, que obran nel, compénsanse, destruíndose mutuamente,situación (do mismo corpo) que se mantén sen caerse, harmonía entre cousas diversas, ecuanimidad, mesura, sensatez nos actos e xuízos, prudencia ou astucia, encamiñados a soster a situación insegura e dificultosa.

Que Disney che regale un anaquiño de cine familiar, que durante 365 días ou máis sosteñas o corpo, compensándote, que non permitas ablación sen berrar forte, que teñas a dita de fortalecerte en tí, que a dignidade sexa posible sen configuración do pc, que o maltratador te deixe probando lencería sin dimitir en ti, que che regalen un sorriso mentras (sen crueldade) algo morre sen opinión, que os quebracabezas esixan unha resolución sen trampas, que o lixo, sen reciclar, abone os téus días limpos. Que non che luxen o corazón.

Canción: Quiero aprender de ti (Canto del loco)

QUE O EQUILIBRIO TE SOSTEÑA, SIN ATERRIZAXE FORZOSO.

viernes, 18 de diciembre de 2009

Intro, de Paradela a Baamonde



Onte estiven en Paradela, a recoller o accésit en poesía que me concederon. Mencionar que aparte dos nervos(tembrores xerais por ler en público), todo foi moi agradable con xente entregada, agradecida e agarimosa. O meu poema "Eles non saben", recitado ante o persoal,  foi agasallado con unhos aplausos que me puxeron as meixelas coloradas. Sorprendinme gratamente de unha nova poetisa de 20 anos, chamada Alba Cid Fernández, de Ourense, que me encheu o corpo de bolboretas:

NAI
que me contas como debo cantarme
neste preludio de anos medios abertos,
como alentar neste repertorio de ausencias impostas,
como axeitarnos, en fin, o vimbio mollado_da vida_
ao antollo dos dedos.

Para mín, o aplauso máis grande do meu estar. Felicidades, feitiña.

De volta(algo que tiña prometido) parei no Restaurante Galicia de Baamonde, de onde xurde entre a néboa un home de pelo e barba branca que me leva da man a épocas medievais. Chámase, Xoán Corral, rexenta unha casa de comidas(con moita sal) onde todos nos convertemos en amigos- amantes -veciños de vidas sen ocultamentos. Unha persoa nobre, doce, humán e bondadosa. Pronunciando, frente á lareira e mesas cargadas de mexillóns e polbo, verbas sen complexidade, das que nacen de un nómada sen propinas, nin obligacións. Da alma, diría eu.(Xan tacharame de espiritualidade relixiosa). Non pretendo derrocar a ruidosa enfermedade silente do mundo, proclamo, sen defraudar, que a morriña sen piano son uns ollos pequeniños negros que che falan de poesía nun simple e mundano bar de aldea. Quedei en ir ás dez e media,en punto,  calquer sábado, para visualizar en directo o seu espectáculo sen fronteiras. Son de palabra e irei, sen dúbida, para contaxiarme algo da súa maxia natural, poética e riseira. Poño unha foto do seu rostro(ainda que sen movemento perde moito). Reza na súa tarxeta o dito: "Cando nacín en Galicia, chamábanme neno rico, como ía a ser pobre, nacendo nun paraíso".




Quero, dentro do meu mundo pequeniño e sen ruído, lembrar a Aminatu Haidar, sen ofensiva diplomática,sen xestións gubernamentais, sen dimisións. Unha miudiña faragulla, polos dereitos humáns, no medio de unha montaña grande de lixo sen reconversión posible.

LETANIA
Perdín o fío da conversa
calei,
quédame preto
e para sempre
o meu silencio.

miércoles, 9 de diciembre de 2009

4 comentarios, 3 promesas, 2 preguntas e 1 poema

C. Nesta ponte viaxei a Cantabria. Suances, Santillana del Mar, San Vicente de la Barquera, Comillas, El Soplao,Cabárceno etc. Inmensidade de paisaxes sen rotura, remedios naturais para a somnolencia e cansazo da rutina sen inspiracións.
C. Quédame na retina Cabárceno, onde os animais en libertade son exemplo de rentabilización de recursos naturais aproveitando o que nos é dado, adiestrándonos sen estudos nin patriotismo, para cultivar as artes da natureza de unha forma tolerante, humana e moral interna.
C. Santillana del Mar sorprendeume como unha fada, deume ganas de quedarme alí a vivir, sen representacións turísticas, adormecida naquela ténue luz e beleza de pedra sobre pedra. En xeral, o misterio dos barrancos sen fin e Gaudí cos xirasoles, as covas cheiñas de misterios e recunchos ancestrais onde só se escoita a música dos silencios.
C. O do pantalón vaqueiro e camisa branca non me visitou. Cando os días son limpos, ás noites dúrmese coma unha ruliña.

P.Revisar a cámara de fotos antes de sair a unha viaxe  de paisaxes sen pérdidas.
P. Volver a Santillana del Mar.
P.Tentar subir e baixar os costentos espacios naturais sen palidecer de angustia.

.¿ Os medos e temores que arrastramos a todo aquelo que non podemos controlar: espacios cerrados, voar, navegar, alturas, etc,.. conforman a nosa personalidade axustándonos a persoas fráxiles e acomplexadas?
.¿Vencelos axudaría a medrar, estabilizarse e potenciarse como ser individual ?

NO ESPELLO

Unha longa viaxe, ata chegar ó espello.
A forza de non mirarme, esquencinme
de ter rostro, pernas, tetas, sexo..
Unha invisible muller de inverno
co fastío de folla de outono.
Gozo en silencio, do reflexo do cristal!
Un xesto de lindosa intensidade
loucura e serenidade
Imnegable necesidade de vivir.
¡Quero estar sempre dobre no día!
e non ter ocos baleiros no chan.