lunes, 30 de noviembre de 2009

Filosofía Zen Galaica

Cando sexa grande quero ser filósofa. Poder ter unha teoría das ideas como Platón, duas realidades (da que sen dúbida me quedo coa sensible), defender que o conocemento limítase a experiencia de Kant, ter dudas como Descártes, entender esas creencias en Deus onde se impón o silencio ou a castración de pensamentos individuais, inundándose de medos e pecados. A mín gústame Epicuro de Samos, a súa visión da amizade como un dos mellores praceres da vida "Gozar, saber e compartir", chegando ós sentimentos e sensacións de unha forma natural, tranquilidade do ánimo ou ataraxia. Ainda que me gustaría crear una "Filosofía Zen Galaica" mezclando un pouco de todas as filosofías para chegar a entender o mundo, ou quizais a mín mesma. Non creo que sexa fácil...pero hasta que medre moito non serei grande. Ademais, xa me olvido de ser bailarina, filosofar é máis doado. Qué ilusa! É tan complicado a danza contemporánea e a expresión corporal, a min que só me gusta o Reguetón.

EU
Os meus versos, son imperfectos
nas formas, nas rimas, no tempo.
Son anxos libres do meu pensamento
cambiantes e doloridos.
Facendo sonetos, son epicúrea
teño nos ollos o goce
e nos dedos o saber e o sentimento.
A miña amizade, un estrondo.
O meu quérote impronunciado
no miradoiro pechado do anoitecer
onde nacen os soños, a miña espera
e eu soño co querer.