lunes, 8 de febrero de 2010

Dulce Pontes en Vigo

         Ten rostro a revolución?. Tece o meu. Dulce Pontes, encheume de tristura, os fados  seguen a provocar en min un desacougo afectivo no meu espazo vital, un ruxe ruxe, cheo de palpitacións dentro, moi adentro.. Escribo porque o meu corazón latexa, cando non teño nada que dicir todo se me antoxa un ilusionismo de palabras, con cada unha delas unha bágoa percorrendo o esquencemento(iso que teño en proxecto). Este illamento in-desexado, os meus ollos inzados ofensivamente, contra as vexacións da muller, do home..das esperas de corpos mutilados pola xeración dos móbiles, dos ocultamentos, da bebida, da desilusión,  do síndrome de estocolmo sen cobertura. Sempre volvo ó meu río...sempre escribo un poema, neste silente confesionario, para limpar os ollos de tristura.



Miro o teu ollar, canso
as túas mans ateridas
quero recitar, pero non me ves,
eu son grande, pero non me ves,
Ó teu carón vai frío
lonxe tamén.
Constrúo vida coas miñas mans
tento voar, voar, voar
corro moito, sen cansarme
debuxo sen tinta, bico o mar
danzo na rúa, esquézome de soñar.
Eu son grande, pero non me ves
O teu carón vai frío
lonxe tamén.