sábado, 20 de febrero de 2010

Nada que mostrar

Pola mañá esperto á vida i esta vaime roubando cada momento a enerxía, ata quedar varada, sen saber se podo estar sentada contemplando a ventá ou teño que saír a porta a sorrir como unha boneca, entón collo un lapis e comezo a rumiar pensamentos escapando da realidade e das miñas imperfeccións.
Séntome na rúa a observar, admirada a paisaxe, os cans, as árbores, a luz, a pedra, a maxia da vida, a min mesma, non é presunción nin indiferenza, é sinxelamente arte.  Amolecemos ó carón do lume i eu quixera impoñer a necesidade de necesitarnos, ata o límite das nosas forzas, a importancia de ser como somos, de non sucumbir baixo os brazos que apertan buscando a nosa sumisión, de soñar, entender o imaxinario que pentence a mentes espertas e cheas de interese, de vivir de costas a hipocresía, a mediocricidade facendo un paréntese entre tanto vulgar comediante. Escribo para recompoñer a alma..


Estou medrando..
Hoxe non sinto coma onte
teño que facer
castelos de pensamento
sentarme cos sesos cavilando
queimar os xeonllos
a carón do chan
O poema de onte non me serve
¿e mañá?
Recitarei o de antonte
escoitándome MEDRO

Hoxe, todo o tempo volve a min a canción "palabras para Julia", versionada por Paco Ibáñez, sempre tiven a sospeita que foi escrita para os meus desacougos.