viernes, 26 de febrero de 2010

O mar- A vida

Unha proposta solidaria. "Non coincidimos nin no nome". Evidente. Masculino-feminino. Espazos curtos de tempo nos que se dilúen as ganas de concordar, sen barreiras e reproches do que fuches. "Mira quen foi falar". Discondancia: Contrariedade, desacordo, desconformidade. Gústame. Rapamicina contra a idade, alí estás co teu exército de ideas preasteblecidas. Cánsome. Pretendo conversar con liberdade de movementos, ocaso vencido do que fuches. Os conceptos que xa se esquecen, eu e o meu eu, e o teu, exemplo inequívoco de estilo de vida. Quedache sentado, eu levántome e provoco a miña revolución, sen esperar nada do teu nostálxico diario de volta ao mundo. Tolerancia : Respecto cara ás opinións ou prácticas dos demais. ¡Teño tanto que aprender!. E ti? Estás seguro de que te estableces fronte á vida?. Hai un pranchado automático que che permite cerrar os ollos. Cando te queimes...berra.
Mentras escribo, escoito "irmaus" na voz de Mini da Quenlla. Un poema de Celso Emilio Ferreiro, que di "Ainda que as nosas palabras sexan distintas e ti negro i eu branco, temos semellantes as feridas,,coma un irmau che falo". O mar e A vida, poden camiñar da man. Sen actualizacións nin subscricións pendentes.