martes, 26 de octubre de 2010

Mentira

Unha declaración realizada por alguén que cre ou sospeita que é falsa ou parcial, esperando que os oíntes créanlle, ocultando sempre a realidade. En función da definición, unha mentira pode ser unha falsidade xenuína ou unha verdade selectiva, esaxerar unha verdade ou ata a verdade, se a intención é enganar ou causar unha acción en contra dos intereses do oínte.

A verdade é todo o contrario, espirse con serenidade, honestidade e boa fe.
No medio, a indecisión de ser franco ou xogar a enganar. Se todo ten unha lóxica comprensible, plausible e recoñecible ti mintes moito e eu escoito e rebélome e rebéntame o estómago coa magoa de saber que as noites son bonitas e borrachas e falsas, alcohol na cara, aparencia, roupa, modelos, bailes, como Peter Pan nun submundo demasiado alto, orgulloso, presumido, intocable e santo. Sangrando a culpa, música que soa perforando os tímpanos ca sensación de non estar en ningunha parte, movendo as pernas con ritmos inventados. É tan simple e fráxil sentirse ben con un mesmo, cando percorren as veas sustancias que nos fan ser outro, aquel o cómplice perfecto para desvariar e o mesmo tempo é tan decente como ir a misa os domingos. Pero…as mentiras son insolidarias.

Ás veces é bon romper as cordas da razón
sen sacrificarnos de todo.
Ás veces e bon ver outras realidades,
afogando co Ron e Cocalola.
Crear poemas,
crear poemas de amor e de vida.
Romper os vasos, contra as xanelas
Facer unha revolución directa e incorrecta.
Espirte sen fronteiras,
Militar en partidos sen siglas.
Vivimos sen sentir o peso, dos nosos pasos
Ovíparas formas de cheirar as inquietudes,
secretamente gardadas.
Morremos da mesma forma, ausentes
Á espera, na procura constante
e a incerteza.

Canción que soa: Mentira de Manu Chao