lunes, 30 de enero de 2012

Medo

Eu-só-son unha musa pequena, invisible,espida,
esencia, aroma, vento…ilusión,
unha porta aberta ó ceo,
ceo solitario onde chora o sol.

Por si o tempo me arrastra a intres máis desconsolados, acariño o presente como ángulo perfecto,calado e sosteñible. De súpeto, soñar volta a ser alento, espiritualidade e liberación.
Sigo a ser unha doente sen calma, tentando curarme, sacrificarme por voltar as inquietudes, os medos de sempre…mudar de pensamentos que me levan ó mesmo lugar, as secuelas que carreo e o que me poida ocurrir.
Teño medo de desaparecer de repente, de que unha arteria se obstrúa e me leve o túnel negro ,entre néboas e pedra que escurezan os brancos impolutos da saída . Teño medo a morrer, eternizarme.
Realidade-fuchida-alternativa.

Volta, volve, regresa,
marcha, fuxe, escapa,
anhelo paz e calma
a cabeza presa
coma unha escrava.
RESACA DE PAN E VIÑO
RESACA DE FUME E LIÑO.
O Insomnio, que agrio
o martirio do que parto,
fúndete en min, posúeme
pero non te quedes
TEÑO TANTO MEDO.