lunes, 13 de enero de 2014

muller



Non canta na Chá Ninguén, por iso meu carro canta, canta o seu eixe tan ben”…

“Aínda que as nosas palabras sexan distintas e ti negro i eu branco e sendo semellantes as feridas coma un irmán che falo”…

Hoxe teño un día de recordos, de poesía feita co sentir da nosa xente, do noso pobo e musicalizada por Fuxan os Ventos e agora pola Quenlla (onde Mini é  LA VOZ).

Comézase a falar da emigración, como fai moito tempo que xa non se falaba, iso que os xornais decátanse case sempre tarde,  e cando falan de porcentaxes..onde eles van!!.

Teño na miña memoria un recordo, o poema de Marica do Campo que me late forte nos xeonllos e no corazón e que deixo aquí, para quen non estea esgotado de sensibilidade e poida escoitala sen chorar, coa desesperanza que a min me transmite.


4 comentarios:

Raposo dijo...

Boa escolma de poesía,non hai dúbida.
Apertas e que teñas un bo 2014.

Chousa da Alcandra dijo...

Grande Mini sempre!
Falar de Fuxan é falar de Palabras Maiores. Vouno volver escoitar.
Grazas por traelo de novo.

fonsilleda dijo...

Eu escoito de cando en vez a Fuxan. A emoción sigue aí. Bicos

Concha L. F. dijo...

Fuxan... Sempre recordo as súas músicas, pero se as quero cantar, preciso dunha "chuleta" para dicir as letras. Son tantas e tan boas! Nas noites de verán, alá na casa da miña nai, xuntámonos a miña irmá, o meu irmán e o meu marido e cantamos ata as tantas as cancións de Fuxan. Iso si, regadiñas cunha cervexa e acompañadas por un pincho de queixo e chourizo, con bo pan!
Moitos bicos.